Ensinanzas
O Centro Ensinanzas Boletín Ligazóns Correo
  Básicas – Alfabetización
  Secundaria
  Bacharelato
  Módulo Aux. Oficina
  » Programa Garantía Social
  » Matrícula
  Horarios Consultar horarios
  Módulo Puericultura
  Aula Mentor


Acceso a documentos
Seleccione un grupo ou un departamento
Comunicacion 1
Comunicación 2
Comunicación 4
Física e Química
Galego (corpo de primaria)
Galego (corpo de secundaria)
Inglés (Sec. Carmen Sendín)
Lingua castelá (corpo de secund.)
Lingua castelá (Secundaria)
Matemáticas
Técnico de FP
  Contraseña


Matrícula 2004/2005

PRAZO DE MATRÍCULA

A matrícula realizarase durante o mes de xuño e os 15 primeiros días do mes de setembro nas secretarías do Centro Público de E.P.A. de Lugo.

No caso de que o número de solicitudes supere ó número de prazas ofertadas, haberá un proceso de selección.



¿ONDE OBTER INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA?

- No Centro Público de E.P.A. de Lugo
- Na Inspección de Educación.
- Se estás escolarizado nun IES, fala co orientador/a


DESTINATARIOS

Con carácter xeral, os Programas de Garantía Social están destinados a rapaces e rapazas:
• Que sexan menores de 21 anos e maiores de 16, ou que cumpran os 16 anos no ano natural no que inician o programa.

• Que non alcanzaran os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria nin posúan ningunha titulación de formación profesional.
Así, poderán acceder a estes programas os rapaces e rapazas que, xunto cos requisitos de idade, cumpran algunha das seguintes condicións:
Estar escolarizados no segundo ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria e que non lles fose posible acceder a un programa de diversificación curricular, atopándose, a xuízo do equipo educativo, en grave risco de abandono escolar.

Estar escolarizados no segundo ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria e, logo de realizar un programa de diversificación curricular, a xuízo do equipo educativo, non estar en condicións de acada-los obxectivos da etapa por esta vía.

Non estar escolarizados e non posuír ningunha titulación académica superior á de Graduado Escolar ou, tendo esa titulación, non estar en posesión do título de Formación Profesional de primeiro grao.
¿QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?
- 2 Fotos tamaño carné

- Impreso da solicitude e formulario de recollida de datos

- Certificado de estudios

- Solicitar a tarxeta de demandante de emprego e presentala antes do 15 de setembro
Inicio O centro Ensinanzas Boletín Ligazóns Correo
Parque da Milagrosa s/n (antigo INGABAD)
27002 LUGO
Tfnos. 982 216 033 / 982 211 751

Email epa.albeiros.lugo@edu.xunta.es