Ensinanzas
O Centro Ensinanzas Boletín Ligazóns Correo
  Básicas – Alfabetización
  Secundaria
  Bacharelato
  Módulo Aux. Oficina
  Módulo Puericultura
  Aula Mentor
  » Cursos
  » Matriculación
  » Preguntas
alum0002@sauce.pntic.mec.es


Acceso a documentos
Seleccione un grupo ou un departamento
Comunicacion 1
Comunicación 2
Comunicación 4
Física e Química
Galego (corpo de primaria)
Galego (corpo de secundaria)
Inglés (Sec. Carmen Sendín)
Lingua castelá (corpo de secund.)
Lingua castelá (Secundaria)
Matemáticas
Técnico de FP
  Contraseña


Matriculación en un aula

Información previa á matrícula
- Prazo: matrícula aberta todo o ano, excepto agosto.

- Lugar de matriculación: calquera aula MENTOR

- Prezo dos cursos: todos os cursos teñen un custo mensual máximo de 23 euros, ademais dunha alta de 46 euros, dependendo o seu custo total do tempo que lle leve ao alumno realizalo. A matriculación inicial é en calquera caso para dous meses.

- Duración: o alumno marca o seu propio ritmo de traballo.

- Horario da Aula MENTOR de Lugo:
  • Mañás: luns e martes de 10 a 12
  • Tardes: luns e mércores de 17 a 19
  • - Descargar folla de matrícula
    Sistema de formación
    - O curso: o alumno pode crear o seu propio curso en función das súas necesidades e o asesoramento do administrador.

    - Aprendizaxe: o alumno ten a opción de seguir o curso desde calquera lugar no que teña un ordenador con conexión a Internet. Tamén desde a propia aula MENTOR.

    - Titorías: o titor ou titora asignado resolverá as dúbidas que lle aparezan ao alumno durante o período de formación e contestará a este nun prazo máximo de 48 horas (sen contar fins desemana, festivos e o mes de agosto).

    - Administradoras da Aula MENTOR de Lugo: Alicia Rosa Peña Murias e María Luisa Vales Villamayor

    - Asistencia: o administrador responsable da Aula MENTOR apoiará aos novos alumnos no manexo dos equipos informáticos a as conexións a Internet.

    - Interaccións: todos os alumnos e alumnas dun curso teñen á súa disposición o acceso ás distintas ferramentas de comunicación telemática para establecer contacto entre si a través de Internet.
    Dereitos do alumno matriculado

    - Unha conta de correo electrónico e un sitio en Internet para colgar a súa páxina web.

    - Acceso á "mesa de traballo do curso", contorno virtual de formación.

    - Uso dos equipos da Aula MENTOR e un horario de asistencia

    - Materiais didácticos do curso.

    - Apoio titorial.

    - Dereito a presentarse a dúas convocatorias de exame.

    - Certificado de aproveitamento.
    Inicio O centro Ensinanzas Boletín Ligazóns Correo
    Parque da Milagrosa s/n (antigo INGABAD)
    27002 LUGO
    Tfnos. 982 216 033 / 982 211 751

    Email epa.albeiros.lugo@edu.xunta.es