 |
|
|
Modalidades e oferta formativa
• Presencial, por esta modalidade os alumnos poden matricularse e seguir estudos de:
· Alfabetización
· Nivel I e II de de Educación Básica para persoas adultas
· Clases de español e galego para a poboación inmigrante
· Cursos de Garantía Social para rapaces entre 16 e 21 anos. Un curso de Auxiliar de técnicas de oficina e outro de Auxiliar de puericultura.
· Educación Secundaria para persoas adultas, organizada en catro módulos cuadrimestrais ao remate dos cales se obtén o título de Graduado en Educación Secundaria
• Semipresencial ou a distancia:
· ESA a distancia
· Bacharelato
Nesta modalidade de ensino hai titorías presenciais en grupo, de carácter semanal, co profesor de cada materia, e tamén titorías individuais e telemáticas para atender as dúbidas concretas de cada alumno dun xeito personalizado.
Tamén reciben atención por esta modalidade os alumnos internos do Centro Penitenciario de Monterroso.
Aula Mentor: Cursos a través de Internet.
|
|
 |
|
PROFESORADO
O Claustro de Profesores do Centro de Educación de Adultos de Lugo fórmano vinte e tres profesores integrados nos seguintes departamentos:
| · Lingua e Literatura Castelá |
· Matemáticas |
| · Lingua e Literatura Galega |
· Xeografía e Historia |
| · Lingua estranxeira: Inglés |
· Bioloxía e Xeoloxía |
| · Lingua estranxeira: Francés |
· Física e Química |
| · Administración |
|
|
 |